Mouchos, coruxas, sapos e bruxas. Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas. Corvos, pintigas e meigas, feitizos das manciñeiras. Podres cañotas furadas. fogar dos vermes e alimañas. Lume das Santas Compañas. mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios. Oubeo do can, pregón da morte: fuciño do sátiro e pe do coello. Pecadora lingua da mala mullercasada cun home vello. Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadaveres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cús, muxido da mar embravescida. Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira, guedella porca da cabra mal parida. Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do Inferno, e fuxirán as bruxas acabalo das suas escobas, indose bañar na praia das areas gordas. ¡oide, oide! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no agoardente quedando asi purificados. E cando este brebaxe baixe po las nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento. Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si é verdade que tendes mais poder que a humana xente, eigui e agora, facede cos espritos dos amigos que están fora, participen con nos desta Queimada.